Friday 03 de May de 2024

Contacontos e cancións infantís, este domingo na Fábrica


O vindeiro domingo 13 de novembro, ás 12:00 horas, o auditorio da Fábrica acollerá Un bico para Alí, de Fabaloba, para nenos e nenas de 3 a 6 anos no auditorio da Fábrica. Serán contacontos e cancións da man de Lydia Botana apoiadas por ilustracións que se amosan a través dun teatriño Kamishibai.

As familias interesadas en acudir xa poden apuntarse na web municipal. Está actividade forma parte do programa Apego. As persoas inscritas neste programa terán preferencia para inscribirse durante os dous primeiros días.